Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/12/2021 | Actualizada ás 13:26
Varios miles de persoas xuntáronse para, ademais de mostrar a súa desconformidade coas arbitrarias medidas da Consellería do Mar, agradecer tamén de forma expresa a moción coa que o propio Concello da Illa, por unanimidade, solicita da Consellería a eliminación dunha norma que bloquea a tradicional recolección da mexilla.
Bateeiros, as súas familias, os seus colaboradores e amigos mostraron desta forma o seu total rexeitamento a unha medida inxusta, que pon en perigo a próxima campaña de mexillón en Galicia.
Este sector continúa solicitando apoios por parte de distintas entidades e institucións, en moitos casos uns observadores imparciais que non comprenden por que se pon en perigo o que está a funcionar correctamente desde hai moitos anos.
Tras esta demostración, varias entidades afirman que só cabe esperar que a Consellería comece a actuar "con sentidiño" e suspenda ou elimine esas inxustas medidas que van poñer en perigo a viabilidade de empresas, o pan de moita xente e que racha os cimentos dunha industria que sempre foi un modelo a seguir polo resto das empresas do noso mar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.