Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2021 | Actualizada ás 18:20
O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, avanzou que a futura lei de loita integral contra incendios promoverá as paisaxes mosaico con vocación produtiva a modo de prevención. Diso informou na comisión de Agricultura, na que explicou que esta futura norma combinará esa orientación coas ferramentas postas en marcha pola lei de recuperación de terra agraria.
Por outra banda, subliñou que o convenio de protección de aldeas fixo posible xa a revisión de 685.000 parcelas, que suman preto de 44.000 hectáreas, nas que a taxa de xestión por parte dos propietarios é do 65%.
Por outra banda, no tocante a axudas da Política Agrícola Común (PAC), o responsable de Gandaría, José Balseiros, resaltou que nas tres últimas campañas Galicia situouse entre as primeiras comunidades en pago de anticipos destas subvencións.
Indica que o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) xa efectúa o pago do 70% da axuda adiantada, o máximo establecido pola Comisión Europea. Os pagos anuais roldan os 200 millóns de euros, unha cifra que se mantén practicamente invariable desde a campaña de 2015.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.