Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/12/2021 | Actualizada ás 13:26
Axentes da Policía Local da Coruña desaloxaron a fin de semana unha festa na que se incumprían as medidas pola covid e que se estaba celebrando nunha nave sen licenza para discoteca.
Así o informaron a Europa Press fontes municipais sobre este caso. En concreto, a Policía Local foi na madrugada do sábado ao domingo, pasadas as dúas da mañá, a desaloxala porque a nave estaba a funcionar como discoteca sen ter licenza para esa actividade.
Ademais, precisaron que as persoas que estaban a participar na mesma "estaban a facer un incumprimento xeneralizado da norma de uso da máscara", dixeron sobre unha das esixencias polo contexto de pandemia en interiores.
"Ninguén pediu certificado de vacinación, había música e exceso de aforamento", apuntaron tamén sobre o constatado polos axentes durante a intervención policial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.