O anticatalanismo primario

Sectores importantes da sociedade española, nomeadamente da madrileña (longamente beneficiada en renda e infraestruturas polo chamado efecto-sede) manteñen a respecto da periferia española, das realidades nacionais catalá, galega e vasca, unha relación de polos opostos, unha dialéctica de amigos contra inimigos, onde é imposíbel cooperar para gañar ti e gañar eu. Percébese nidiamente coa negación ao chamado dereito a decidir dos cataláns e percebímola tamén a respecto de Euskadi. Algúns dirían que esa dialéctica non existe a respecto de Galicia. Mais velaí temos feitos como a prohibición da construción naval civil até 2015, a desatención das nosas vocacións produtivas fronte ás mediterráneas, castelás e andaluzas dende 1985 ou mesmo a oposición, tinxida ás veces de falso paternalismo, a consolidarmos Nova Galicia Banco como oferta bancaria de noso ou a defendermos sectores empresariais galegos emerxentes, como o das enerxías renovábeis.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 06/04/2014

Comparte esta noticia
As elites españolas que viven do capitalismo castizo do BOE teñen claro os seus territorios “amigos”: Madrid, Valencia, Murcia e, no que atinxe a manter o equilibrio de rendas e o predominio cultural, Andalucía. O resto, como dí o constitucionalista galego Carlos Pereira Menaut, somos prescindíbeis. Ou, en acertadas verbas de Iñaki Anasagasti “extraños”.
 
Este martes o Congreso desbotará a proposición de lei orgánica (aprobada por unha amplísima maioría do Parlament catalán) para que a Generalitat poida convocar un referendo o 9 de novembro, co que ficará xuridicamente pechada esta vía e só será posíbel, no ámbito das competencias exclusivas da Generalitat, convocar unha consulta non vinculante.  Mais semella que esta dinámica de enfrontamento entre cadansúas maiorías parlamentarias catalá e española non pode demorarse indefinidamente.
 
Porque, se unha parte ampla do eleitorado dun país que integra un Estado- á súa vez inserido na Unión Europea- quere decidir a respecto da relación ou integración que quere ter con ese Estado, mantendo a vinculación europea, é moi difícil resolver a cuestión, apelándose  só a Constitución e sen xerar en Cataluña máis insatisfacción e desafección. 
 
Non ha dúbida. Terá que intervir a política, a conciliación, o “win to win”, máis cedo ca tarde. 
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.