Gonzalo Caballero rexeita "ser o máis augafestas" coas celebracións do Nadal e pide "prudencia"

Esixe a Feijóo "cambiar a súa política laboral" cos profesionais sanitarios, ante a situación de atención primaria e hospitalaria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, recomenda "prudencia" ante a evolución da pandemia de coronavirus, pero rexeita "ser os máis augafestas" coas celebracións do Nadal. Así, aposta por seguir o que indican as autoridades sanitarias.

En rolda de prensa para facer balance da situación, o socialista subliñou que a "prudencia ten que seguir sendo o compromiso fundamental de todos fronte ao virus", aínda que apelou ás "altas taxas de vacinación" na comunidade, que dan "máis capacidade para resistir" e "conter" a transmisión.

Ante as novas variantes e o "alto nivel de transmisión", fixo un chamamento para "todos estar alerta e ser cautos e precavidos". Neste sentido, referiuse a as medidas expostas na conferencia de presidentes e matizou a "relevancia" da relativa á obrigatoriedade da máscara no exterior, pois a "inmensa maioría" da sociedade galega circula con elas e por tanto "pode ser máis de imaxe que de efectividade fronte á transmisión".

Tamén se pronunciou Caballero sobre outras decisións que expón o presidente da Xunta, como a recomendación para comidas de Nadal de que non se xunten máis de dúas unidades familiares e a corentena para contactos estreitos de persoas contaxiadas. Esta segunda cuestión, indicou, "aínda" non está aprobada, "está a debaterse ata que punto marcar como algo determinante recibir a terceira dose da vacina".

Respecto diso de se vería discriminatorio impor corentenas a quen non teña aínda a terceira dose, rexeitou ser "augafestas". "Se as autoridades competentes non decretaron que teñan que facer corentena, creo que hai que seguir as instrucións sanitarias e entre todos ser prudentes para non disparar a transmisión", afirmou.

PROBLEMAS NA SANIDADE

En relación con isto, afeou a Feijóo que "hai dous anos na Xunta dicía que non había ningún problema na sanidade galega e a medida que pasa o tempo pasa a pelota ao Goberno do estado", sobre que "non hai profesionais sanitarios".

"Algunhas comunidades fixeron políticas laborais para os profesionais que permitiron un maior nivel de contratación", apuntou, antes de confrontalo con que o Sergas "non tratou con suficiente mimo" aos médicos "e acabou forzando que miles marcharan para exercer noutras" autonomías. "Vémolo cando comparamos o nivel de ocupación das prazas vacantes de pediatría en Asturias e Galicia", dixo.

Por iso, instou á Xunta a ser "responsable das súas decisións" pois "obviou durante anos os problemas da sanidade pública" e "negou que houbese un problema". "Fixo ofertas laborais que se baseaban na temporalidade e na precariedade e fixeron emigrar a miles de profesionais sanitarios", insistiu.

Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento.. PSDEG
Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento.. PSDEG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 F. Rodríguez

Patético personaje, pero claro, gana el doble en el Parlamento que en la Universidad