O interese do portugués en Galicia, namora en Portugal

Galicia terá un 'novo dicionário galego de língua portuguesa' antes do verán. O secretario xeral de Política Lingüística amosa a súa confianza coa entrada na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP).

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/04/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A presentación do 'dicionário galego de língua portuguesa' este verán volveu ter un importante espazo nos medios informativos lusos. De feito, a RTP, a canle pública de Portugal, emitiu unha información destacando a importancia que este feito terá para os dous países.

Áreas lingüísticas do galego
Áreas lingüísticas do galego | Fonte:

A obra, con 150.000 vocablos, vai ser un dos "maiores e mellores diccionarios da lusofonía", segundo o seu autor,  Angelo Cristóvão, presidente da Academia Galega de Língua Portuguesa (AGAL), porque, ademais, terá contributos doutros países lusófonos. "O português pode passar a ser a segunda língua estrangeira nas escolas", comentan o jornalista Miguel Soares.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, amosase confiado na integración de Galicia na Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP). "Falta aínda por saber a opinión que o Estado español pode ter sobre esta cuesión e tamén se a CPLP está disposta a ter a Galicia como membro do seu seio".

Eduardo Maragoto, profesor de portugués na EOI de Santiago, destaca o "fascinio" dasta lingua, que pode servir para ampliar o mercado do traballo, especialmente, en Brasil.

Con todo, outro profesor, Jorge Gómes, queixase de que este fascinio non é recíproco por parte dos portugueses. "Os galegos, ás veces sentímonos un pouco orfos", conclúe.

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

10 Amén

Isolatas e Galicia Vilingüe: juntooos coooomo hermaanos, mieeembros de una iglesiaaaa...

1 frg3

Igrexa dis? Como unha que ten 30 membros dirixida por un cura chamado Martinho?

2 Fernando T.

Pois menos mal que son 30, porque se chegan a ser 300, atá ti andabas xa agora a chiar en portugués.. :DDD En calqueira caso sexan os que foren: Parabéns á AGLP, Agal, etc.., en verdade, a única célula e movimento vivo no campo do activismo lingüístico galeguista en Galiza!

9 ixtlan

Entón, agora que a presenza do portugués en Galicia foi aceptada e promovida desde a Xunta de Galicia gobernada polo PP, el será o "português da Galiza" tamén oficialista, pertencerá ó Partido Popular e será parte do oficialismo españolista que o reintegracionismo demonizou durante tanto tempo dun xeito tan maniqueo como malintencionado? Ou agora o argumento xa non vale? Teño curiosidade por sabe-la opinión que se emite polos "gardiáns da lingua galego-portuguesa" que sempre 'acreditaron' en defende-las esencias dunha suposta Galicia de esquerdas, nacionalista/soberanista e pretendidamente non vendida ó Imperio (non ó de Cervantes, si ó de Camoes)...

1 Cosa vostra

A Junta aprovou o estudo e promoção duma outra "língua estrangeira" na Galiza, junto com o inglês, por motivos económicos óbvios, mas não a aceitou como sendo mais uma língua regional espanhola. Por outras palavras, por enquanto não vai haver mais chiringos que vos façam a competência, podeis ficar tranquilos. O monopólio do chiringo continuará a ser vosso e apenas vosso. Agora com menos financiamento, mas isso não é culpa do inglês nem do português. Isso entra dentro das políticas de austeridade e do processo centrípeto de ré-centralização do Reino Bubónico. São cousas da Espanha, cousas vossas, que nada têm a ver connosco.

2 ixtlan

Interesante reflexión. Un exemplo máis do maniqueo mundo en que segue a vivir o reintegracionismo, un mundo no que a realidade se divide entre "bos" e "malos", i.e. "nós" e "vós", sen a posibilidade puntos de encontro, realidades compartidas ou posibilidade de entendemento. Benvidos de novo ó maniqueísmo reintegracionista! O que acontece é que ese espírito que durante tanto tempo explotou unha visión vitimista e da aldraxe está comezando a perde-los poucos (pseudo)argumentos que tivera. Quen poderá ser agora vítima cando a Xunta promociona esa realidade chamada portugués, hai tanto tempo reclamada como diferenciación respecto á nación española?

8 extraviz

nada novo, esse dicionario ja existe: http://www.estraviz.org/lusista

7 Nem bom casamento

Os ILGARRAS e Galicia Bilingüe, unidos numha mesma teima: http://praza.com/opinion/1755/galic... A de manter o galego como dialecto regional espanhol, inofensivo e em perigo de extinçom...

1 Isolacionista radical

Pra extinguidos xa estades vos.

6 a vida segue igual

O galego seguirá a ser galego, e os pepeiros, bloqueiros ou os mortos de fame da agal fracasaran e o galego seguirá sen ser portugés.