Médicos de familia piden medidas "máis duras" e primar a saúde por riba da economía

A Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia di que un contaxiado de ómicron pode infectar a entre 15 e 18 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2021 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O portavoz da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia, Lorenzo Armenteros, esixiu que se decreten "medidas máis duras" para frear o avance da sexta onda da covid. "Hai que tomar medidas máis drásticas. A transmisión do virus é basicamente en interiores. As máscaras na rúa non vai reducir a transmisión", sentenciou este luns o médico lugués.

Armenteros apelou a que "as reunións familiares sexan limitadas, con moita ventilación, procurando ter un contacto pequeno e o tempo mínimo que se poida e evitar as sobremesas". Así, insiste na necesidade de que "se tomen medidas máis duras porque o problema está nos interiores". "Haberá que reducir o número de xente reunida e tomar medidas respecto ao tempo de lecer e os lugares onde se pode convivir", dixo.

"É moi difícil o equilibrio entre economía e saúde, pero hai que apostar pola saúde porque está claro que iso será máis beneficioso para a economía", remarcou tras suliñar Feijóo que busca un "equilibrio" entre sanidade e economía. Sobre a nova variante, a ómicron, advertiu que "o seu índice de transmisión é moi alto e pódese comparar cunha das enfermidades de transmisión máis contaxiosa que é o sarampión".

"Nun exemplo do R0 (R Cero), que é a capacidade de transmisión. Se o R0 é de dous, cada persoa contaxiaría a dúas persoas máis. Pero falamos que esta variante da covid pode estar o R0 entre 15 e 18. Así, unha persoa podería contaxiar a entre 15 e 18 máis ao estar en contacto con eles se non hai medidas de protección", pormenorizou.

Armenteros puntualizou, novamente, que "esta variante é sumamente contaxiosa" e, de feito, espérase que antes de que conclúa o ano 2021 este venres sexa a cepa "predominante". "Que haxa máis variantes é unha cuestión que só nolo dirá o tempo, pero á vista dos acontecementos é probable que si. Canta máis infección máis multiplicación e máis capacidade de mutación. Neste momento, a ómicron está a imporse en Europa e en poucos días será a predominante", advertiu.

Varias persoas na rúa e en restaurantes durante a pandemia
Varias persoas na rúa e en restaurantes durante a pandemia | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Ricardo R.

Pues no estaría mal que para empezar los médicos de familia trabajaran 8 horas como el resto de los trabajadores y no cuatro o cinco, escaqueándose a la mínima y saltandose las listas de espera para la familia

1 adriano

Penso que este é un comentario demagóxico e barato para sementar dúbidas acerca da sanidade pública.