Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2021 | Actualizada ás 11:49
Todos os viaxeiros procedentes de calquera comunidade autónoma salvo Andalucía e Castela-A Mancha deben comunicar á súa chegada a Galicia que proceden destes territorios. Así figura a listaxe de territorios de declaración obrigatoria, actualizado este martes a través dunha orde da Consellería de Sanidade publicada no DOG.
Deste xeito, ante o avance da sexta onda en plena época do Nadal, a relación amplíase a todas as comunidades do Estado coa excepción de Andalucía e Castela-A Mancha.
Así mesmo, tamén se estende a medida aos viaxeiros que cheguen a Galicia desde calquera país europeo salvo aqueles que o fagan de Albania, Armenia, Acerbaixán, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Finlandia, Islandia, Italia, Letonia, Moldavia, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Rusia, Serbia, Turquía, Ucraína e O Vaticano.
En América, a Xunta determina obrigatorio que comuniquen a súa entrada en territorio galego as persoas procedentes de Anguía, Barbados, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Dominica, Ecuador, Groenlandia, Guatemala, Honduras, Illas Caimán, EE.UU., Nicaragua, O Salvador, Paraguai, Venezuela, Haití, Nicaragua, Trinidad e Tobago e Xamaica.
Ademais, a lista inclúe a todos os países do continente africano, as Ilas Marianas do Norte (Oceanía) e unha vintena de Asia --Bangladesh, India, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Iemen e Xordania--.
Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.