Escritores ourensáns poderán acceder a cinco bolsas no exterior para a creación literaria

Trátase unha iniciativa promovida pola Deputación de Ourense e o centro Residencia Literaria 1863, dirixido por Yolanda Castaño na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/01/2022 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense e o centro Residencia Literaria 1863 ofrecerán en 2022 cinco bolsas para escritores ourensáns para fomentar a creación literaria e o perfil internacional dos autores e autoras da provincia, facilitando a residencia durante un mes en países como Islandia, Turquía, Polonia, Croacia ou noutros puntos de España. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o poeta e xestora cultural Yolanda Castaño acordaron abrir esta vía de colaboración tras un encontro mantido no Pazo provincial.

A este respecto, Baltar destacou que estas bolsas "supoñen unha aposta polo alicerce básico que é a cultura, promovendo a competitivade internacional dos escritores ourensáns, a súa produtividade creativa, o intercambio enriquecedor, o crecemento persoal, a reflexión artística e a revalorización da figura do escritor".

Yolanda Castaño, pola súa banda, destacou que supoñen unha "gran oportunidade" para "escribir a tempo completo e en condicións de excelencia, nun contexto global e mentres constrúen coñecementos, redes e vínculos que apoien a futura actividade literaria de proxección internacional".

O centro Residencia Literaria 1863, que a propia Yolanda Castaño dirixe na Coruña, será o encargado de coordinar o desenvolvemento das cinco bolsas, que serán convocadas pola Deputación de Ourense por concorrencia competitiva.

En retiros individuais para a escrita ou ben en espazos que tamén propician o intercambio con outros creadores, estas residencias no exterior levan a cabo en lugares como a campiña polaca, a cidade turca de Bursa, a paisaxe do suroeste islandés, a capital da costa dálmata ou as aforas de Mojácar.

Para acceder ás bolsas, todos os escritores interesados deberán presentar a memoria dun proxecto de escritura creativa de calquera xénero literario, incluíndo narrativa, poesía, teatro, ensaio, literatura infanto-xuvenil e ata tradución literaria.

As bases da convocatoria serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e na páxina web da Deputación de Ourense.

Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Yolanda Castaño Pereira (Poeta).. ALBERTE PAZ
Reunión Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) con Yolanda Castaño Pereira (Poeta).. ALBERTE PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Riolo

Yolanda Castaño, la musa de la bloqueirada, trabajando con el cacique mayor de Orense. Poderoso caballero es don dinero.