O cadáver do home achado nunha cala de Ares corresponde a un veciño de Pontedeume de 60 anos

Aínda non se coñecen as causas do falecemento.

Por E.P. | Ferrol | 04/01/2022 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

As investigacións da Garda Civil levaron a identificar o cadáver do home que apareceu na tarde do domingo nas rocas da cala de O Mourón, no municipio de Ares. Trátase dun home de 60 anos que residía no centro urbano de Pontedeume e que saíra a pescar na súa lancha.

Así o apuntaron fontes da investigación, que sinalaron que se descoñecen aínda as causas do suceso. O falecido foi localizado sobre as 18,45 horas do domingo por un particular que alertou ao 112.

De inmediato mobilizáronse todos os medios dos servizos de emerxencia e forzas de seguridade, incluídos senllos avisos a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención para evacuar o cadáver da zona rochosa na que se atopou.

Do lugar foi trasladado ao porto de Ares e, posteriormente, ao Hospital Naval de Ferrol, onde se lle practicou a autopsia.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta