Por E.P. | A CORUÑA | 04/01/2022 | Actualizada ás 12:17
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, cifrou en 164 millóns de euros a transferencia do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico á Xunta. Os fondos están enmarcados no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Nun comunicado, asegura que, durante o ano 2021, as Conferencias Sectoriais de Enerxía e de Medio Ambiente permitiron reforzar a colaboración entre o MITECO e as autonomías, "para avanzar no obxectivo de neutralidade climática, conservación da contorna natural e a biodiversidade, e garantir a cohesión social e territorial fronte ao reto demográfico".
Ademais, engade que "a mobilidade sustentable, a rehabilitación de vivenda en pequenos concellos, a xestión a conservación e restauración de ecosistemas, a mellora nas redes de abastecemento de auga e plans de saneamento e depuración en pequenas e medianas aglomeracións" son outras das liñas en transición verde.
A iso, suma a xestión de residuos, o despregamento de renovables, e programas de rexeneración e reto demográfico en concellos de menos de 5.000 habitantes. O delegado do Goberno remarca tamén o investimento en Galicia en autoconsumo enerxético, con 27 millóns, ou en mobilidade, con 28.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.