O vicepresidente primeiro da Xunta, contaxiado tamén de Covid

É o segundo cargo da Xunta que o comunica na xornada de hoxe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/01/2022 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, deu positivo en Covid, segundo informa na súa conta de Twitter. É o segundo cargo do goberno autonómico que o comunica despois de que antes o fixese a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Segundo explica en redes sociais, fíxose un test de antíxenos que resultou positivo. Indica tamén que se atopa ben. "Pero tocan uns días de illamento, teletraballo e paciencia".

"Ánimo e a coidarse moito", expresa tamén sumándose, así, aos trasladado por Ethel Vázquez, pero tamén polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que tamén comunicou nesta xornada o seu positivo.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, se vacúa coa segunda dose de Janssen.. TWITTER DE ALFONSO RUEDA
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, se vacúa coa segunda dose de Janssen.. TWITTER DE ALFONSO RUEDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta