Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/01/2022 | Actualizada ás 09:00
Opositores e funcionarios de carreira da plataforma Defensa Turno Libre veñen de convocar unha concentración o próximo 15 de xaneiro ás 12:00 na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, contra o Real Decreto-lei 14/2021 do 6 de xullo.
A plataforma entende que este decreto de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público vulnera o principio constitucional de igualdade, regalando "prazas fixas" a interinos que as están ocupando sen aprobar oposicións.
Así, consideran que o decreto vai en detrimento "dos que levamos anos de estudo, esforzo, sacrificio e diñeiro" investido. Manifestaranse entón para expresar o seu rexeitamento e esixen, entre outros aspectos, o cumplimento e concreción dos prazos nos procesos selectivos. Tamén a apertura e actualización das bolsas de interinos e uniformidade nas bases que regulan os distintos ámbitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.