Por E.P. | Ourense | 10/01/2022 | Actualizada ás 18:13
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladoulle este luns ao alcalde accidental de Pontedeva, Juan Carlos González Carbajales, que o concello terá prioridade na próxima convocatoria de casas niño, ao ser un dos poucos municipios que non contan con ningún recurso de conciliación.
Ademais, Feijóo informou a González Carbajales de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a estudar a posibilidade de construír tres inmobles no concello no marco dun novo proxecto piloto para a execución de vivendas de promoción pública en madeira.
Na reunión, o titular do Goberno galego e o rexedor accidental do concello ourensán tamén avaliaron o proxecto para executar un edificio multidisciplinar, que se cofinanciará entre Xunta e Concello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.