Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 20:00
Pontevedrá porá en marcha nas próximas semanas un curso particular. A Concellería de Benestar Animal vén de anunciar unha colaboración colectivo Aecam (Asociación Educativa e Cultural Animais do Mundo), e o centro veterinario Wapití, para lanzar un curso de introducción ao mundo dos papagaios. O taller, que arrincará entre os meses de febreiro e marzo, abordará cuestións como a alimentación, o adestramento e a atención veterinaria.
Segundo destacan dende a Concellería, as auals están abertas a particulares e profesionais que se queiran iniciar no universo das psitácidas ou aumentar o seus coñecementos sobre estes animais. Segundo explica o concelleiro de Benestar Animal, Marcos Rey, o obxectivo do curso, que será impartido de balde a través da ferramenta virtual Microsoft Teams (aínda que tamén haberá unha parte presencial) e que está aberto a un máximo de 25 persoas, "é ofrecer unha formación de calidade e coñecer os intereses dos participantes para asesoralos en todo o que precisen desde unha perspectiva multidisciplinar". Todos os interesados poden obter máis información a través do email info@aecamgalicia.com e o teléfono 667 23 19 74.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.