A Xunta busca empresas forestais para levar a cabo obras destinadas a previr os lumes por case 7,5 millóns

As actuacións centrase en rozas, podas e outros.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 11/01/2022 | Actualizada ás 17:50

Comparte esta noticia

A consellería de Medio Rural, a través da dirección xeral de Planificación e Ordenación Forestal, animou a empresas forestais galegas a presentar ofertas no marco de dous procedementos de contratación de obras de tratamentos silvícolas por un total de case 7,5 millóns de euros.

Tal como explicou a Xunta nun comunicado, o primeiro destes contratos céntrase na provincia de Lugo e consta de 10 lotes (obras) aos que as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas por separado. En total, suman 2,65 millóns de euros.

O segundo contrato afecta as tres provincias galegas restantes e consta de 19 lotes por un total de 4,82 millóns de euros. O prazo para presentar solicitude termina o 26 de xaneiro, no primeiro caso, e o 9 de febreiro, no segundo.

As obras serán financiadas con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) nun 75% e repartíndose o 25% restante entre o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Xunta de Galicia.

Estas actuacións consisten en rozas, podas e demais actuacións para previr os incendios forestais.

Arquivo - Un camión de bombeiros nun incendio forestal na parroquia de Cubilledo, no municipio de Baleira, comarca da Fonsagrada, a 18 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). Segundo a Conselleria de Medio Rural, o incendio calcinou cin. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un camión de bombeiros nun incendio forestal na parroquia de Cubilledo, no municipio de Baleira, comarca da Fonsagrada, a 18 de agosto de 2021, en Lugo, Galicia (España). Segundo a Conselleria de Medio Rural, o incendio calcinou cin. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta