Finaliza en Camariñas a coprodución catalano- galego 'Sica', de Carla Subirana

A rodaxe tivo lugar en varios escenarios da Costa da Morte e nela participaron actores non profesionais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2022 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

A rodaxe de 'Sica', filme co que a catalá Carla Subirana se estrea na ficción --conta cunha recoñecida traxectoria no documental--, finalizou no municipio coruñés de Camariñas. Esta película, na que Subirana é tamén coguionista, está participada pola Televisión de Galicia e rodouse no último mes en diferentes escenarios da Costa da Morte --Ponteceso, Laxe e Malpica foron outros municipios--, que ten un gran protagonismo neste drama con toques de intriga.

Este mércores, realizouse unha visita á rodaxe no Cemiterio dos Ingleses por parte do director de Proxección Social da CRTVG, Xaime Arias; o , director da Axencia Galega dAs Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.

Esta coprodución da compañía galega Miramemira ('O que arde') e a catalá Alba Sotorra parte do drama dunhas adolescentes que perden aos seus pais nunha traxedia no mar.

Nuria Prim e Thais García --unha moza de 13 anos de Cabana de Bergantiños-- son as protagonistaS desta película que conta a historia de Sica, que espera que o mar lle devolva o cadáver do seu pai pescador e que conta co único apoio dun rapaz da zona ao que chama O Cazatormentas. A maioría do equipo son actores non profesionais e equipo artístico da propia Costa da Morte. Na repartición tamén están María Villaverde e Marco Antonio Florido.

Esta coprodución catalano-galega conta tamén co apoio do ICAA do Ministerio de Cultura, do ICEC da Generalitat de Cataluña, Agadic e do programa Europa Creativa da Unión Europea.

NOVO FILME DE JORGE COIRA

Noutra orde de cousas, este mércores presentouse en Madrid o novo filme do director galego Jorge Coira, 'Código emperador', protagonizado por Luís Tosar.

Ambientado en altas esferas do poder e espionaxe, esta película está escrita por un dos guionistas máis recoñecidos do cinema español: Jorge Guerricaechevarría ('Cela 211'). Participada pola TVG e producida por Vaca Films e Proxecto Emperador AIE, bebe da realidade para mergullar ao espectador nos recunchos do sistema.

A repartición complétase con Alexandra Masangkay, Georgina Amorós, Miguel Rellán, Laura Domínguez, María Botto, Arón Piper, Denís Gómez e Santi Prego,

Por outra banda, estreouse o tráiler de 'Operación Marea Negra', serie inspirada no narcosubmarino interceptado en Galicia, que chegará á TVG no próximo outono.

Visita ao último día de rodaxe de 'Sica', en Camariñas. XUNTA
Visita ao último día de rodaxe de 'Sica', en Camariñas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta