Galicia aplicará ás gardarías o mesmo protocolo anticovid que nos colexios

As aulas illaranse cando os positivos confirmados superen o 20 por cento do total de cativos e traballadores dun grupo de convivencia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/01/2022 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social informou ás escolas infantís do cambio no protocolo de xestión de casos de covid. Así, aplicará o mesmo que para colexios e, deste xeito, unha aula illarase cando os positivos confirmados superen o 20 por cento do total dos nenos e traballadores dun grupo de convivencia.

Un neno xoga nunha escola infantil
Un neno xoga nunha escola infantil | Fonte: Xunta de Galicia.

O Goberno central e as comunidades autónomas acordaron que as aulas dos ciclos infantil --entre 0 e 12 anos-- illaranse cando se produzan máis de catro casos ou o 20 por cento da unidade. A Xunta adaptou o protocolo de maneira que sempre pecharán co 20 por cento de casos, sen ter en conta o cinco casos.

Nas escolas infantís os alumnos non superan os oito menores nas franxas de 0 a 1 ano, as 13 prazas na franxa de 1 a 2 anos e as 20 na de 2 a 3. Deste xeito, aplicarase sempre co 20 por cento de casos.

Os centros deberán informar de todos os casos como ata o de agora, pero só pecharán aulas ou centros cando se supere este nivel. En calquera dos casos, deberase informar á autoridade sanitaria, que será a encargada de decretar o peche da aula ou centro.

En días pasados, CIG-Autonómica xulgou que este protocolo "está fóra de lugar" e que "se esquece da casuística das escolas infantís".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta