Falecen nove persoas máis en Galicia diagnosticadas co coronavirus

O máis novo tiña 53 anos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/01/2022 | Actualizada ás 20:49

Comparte esta noticia

A pandemia de covid-19 deixa outros nove falecidos en Galicia. Estas mortes rexistráronse o 14 e 16 de xaneiro. Con estes datos, elévanse a 2.856 as vítimas da pandemia en Galicia.

UCI do Hospital Clínico de Santiago
UCI do Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Ana Varela - Xunta.

O 14 deste mes confirmáronse as mortres dun home de 62 anos no hospital Povisa de Vigo, unha muller de 89 anos na Residencia Virxe da Guadalupe de Mos, e os falecementos no CHUVI de Vigo dun home de 53 anos, outro de 92 anos (procedente da residencia Mi Casa de Pazos de Borbén) e un terceiro de 60 anos.

O día 16 de xaneiro, as mortes rexistradas foron as dun home de 95 anos no CHUS (Santiago de Compostela), unha muller de 73 anos no CHUAC (A Coruña) e unha muller de 87 anos e un home de 85 no CHUF (Ferrol).

As persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta