Mazaricos celebra a primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira

Fíxose unha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón que lembra a morte do veciño Xosé Esperante, Che de Pedro, morto en 1963 defendendo o monte comunal.

Por Galicia Confidencial | Mazaricos | 22/01/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Arredor de 80 persoas asistiron este sábado á celebración do primeiro Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal en Mazaricos, que comezou cunha xornada na Casa de Cultura e rematou cunha ofrenda floral no monumento do monte veciñal de Eirón.

Mazaricos celebra o primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal
Mazaricos celebra o primeira edición do Día da Loita da Veciñanza Comuneira na Defensa do Monte Veciñal | Fonte: Concello de Mazaricos

Nos actos participou o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e os fillos do veciño de Eirón  Xosé Esperante, Che de Pedro, morto en 1963 nos enfrontamentos en defensa do monte comunal.
A conmemoración desta data recoñece o papel que moitos homes e mulleres desenvolveron ao longo da historia na defensa da propiedade comunitaria, dos montes veciñais en man común dende hai xeracións. 

Os actos foron organizados pola Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común e o Instituto  Galego de Terras Comunitarias. Ao remate do acto plantáronse dous carballos como homenaxe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta