Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Galicia Confidencial | compostela | 26/01/2022 | Actualizada ás 09:00
No camiño cara a vella normalidade está tamén a Feira europea de artes escénicas para nenos e nenas, que na súa 31 edición contará con menos limitacións pola pandemia da covid 19 que o ano pasado. Terá lugar do 13 ao 18 de febreiro en Xixón e ofrecerá a público e profesionais un programa que reflicte o traballo dos creadores nos últimos anos, especialmente no 2021, entre o que se atopan as propostas de tres compañías galegas.
Así, nesta edición, a Feira, que recibiu 822 propostas, acollerá 76 espectáculos en preto de 200 funcións de 76 compañías de 14 comunidades españolas e de Francia, Bélxica, Italia, Portugal e Arxentina. De Galicia estarán en Xixón/ Xixón: Tanxarina Monicreques, Os Náufragos Teatro e Marta Alonso Tejada.
Con menos restricións pola pandemia da covid 19 que o ano pasado, FETEN volverá contar en 2022 coa comunidade escolar nos teatros. E a ese regreso hai que sumar propostas de rúa, espazos alternativos e seccións habituais co que a Fundación Municipal de Cultura e Universidade Popular de Xixón/ Xixón quere retomar a súa esencia como "escaparate de tendencias creativas, ademais de espazo de análise e intercambio de experiencias".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.