Galicia e a España única

O prestixioso constitucionalista galego, profesor Blanco Valdés, ven de se laiar da suposta “desaparición do Estado” en Cataluña e Euskadi e dunha excesiva influencia destes dous países na política xeral do Estado. Contrasta a súa opinión coa do non menos prestixioso constitucionalista galego-docente na mesma USC- profesor Pereira Menaut para quen o Estado alicérzase nunha recentralización que atenta contra a plurinacionalidade española e xera unha ineficiente concentración de recursos económicos e políticos en Madrid condenando á irrelevancia aos territorios alleos ao eixo Madrid-Andalucia-Valencia-Murcia e ás culturas distintas da cultura madrileño-andaluza como cultura de exportación española. Non entendo moi ben o da presenza ou desaparición do Estado nos territorios. É preciso, para que o Estado estea presente, que programemos nas nosas festas touradas ou outras manifestacións culturais madrileño-andaluzas? Compre, para termos presente ao Estado, recentralizar as políticas de execución para xerar máis ineficiencia? Son precisas máis políticas de Estado prexudiciais para o País, como a desprotección do sector naval, a penalización da nosa enerxía ou a persecución fiscal dos nosos emigrantes retornados? O Estado actual sofre dunha chea de disfuncións, nomeadamente xeradas por desenvolver na dimensión errada políticas que haberían ser europeas (defensa, diplomacia, coordinación fiscal e bancaria) ou galegas (réxime local, promoción empresarial, portos, aeroportos e demáis infraestruturas…). E xa non resposta ás necesidades dunha gobernanza moderna e non centralizada. Para alén diso, o Estado está concibido para unha España única e o traxe reventa coas realidades nacionais galega, catalá e vasca. Probábelmente, unha gobernanza en rede, confederal nas cuestións de lingua,cultura, educación, Dereito Civil e réxime local e que recoñécese o dereito a decidir dentro de determinados requisitos e procedementos, podería resolver a convivencia plurinacional española. Mais ninguén quere falar en Madrid disto. A cidadanía galega non gaña nada na defensa da España única. A recentralización prioriza outros territorios,outras empresas e outras xentes. Desexemos, pois, que os nosos líderes, principiando polos líderes de opinión, sexan quen a ver esta realidade.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 27/04/2014

Comparte esta noticia
Non entendo moi ben o da presenza ou desaparición do Estado nos territorios. É preciso, para que o Estado estea presente, que programemos nas nosas festas touradas ou outras manifestacións culturais madrileño-andaluzas? Compre, para termos presente ao Estado, recentralizar as políticas de execución para xerar máis ineficiencia? Son precisas máis políticas de Estado prexudiciais para o País, como a desprotección do sector naval, a penalización da nosa enerxía ou a persecución fiscal dos nosos emigrantes retornados?
 
Estado actual sofre dunha chea de disfuncións, nomeadamente xeradas por desenvolver na dimensión errada políticas que haberían ser europeas (defensa, diplomacia, coordinación fiscal e bancaria) ou galegas (réxime local, promoción empresarial, portos, aeroportos e demáis infraestruturas…). E xa non resposta ás necesidades dunha gobernanza moderna e non centralizada. Para alén diso, o Estado está concibido para unha España única e o traxe reventa coas realidades nacionais galega, catalá e vasca. Probábelmente, unha gobernanza en rede, confederal nas cuestións de lingua,cultura, educación, Dereito Civil e réxime local  e que recoñécese o dereito a decidir dentro de determinados requisitos e procedementos, podería resolver a convivencia plurinacional española. Mais ninguén quere falar en Madrid disto.
 
A cidadanía galega non gaña nada na defensa da España única. A recentralización prioriza outros territorios,outras empresas e outras xentes. Desexemos, pois, que os nosos líderes, principiando polos líderes de opinión, sexan quen a ver esta realidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.