VRS, o virus infantil que ataca as gardarías e pode ser confundido coa covid

O 90% dos rapaces menores de dous anos resultan infectados con este patóxeno que só en casos puntuais pode derivar en hospitalizacións por pneumonía e bronquiolite.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O impacto da pandemia no imaxinario colectivo das enfermidades contribuiu a escurecer outras patoloxías de importancia, e non só na sanidade pública, onde moitos tratamentos de cancro --entre outras-- foron adiados por mor da presión asistencial das sucesivas vagas. Entre estas enfermidades 'esquecidas' destaca o chamado virus respiratorio sincitial (VRS), que se erixe como a principal causa de infeccións de vías respiratorias inferiores como a  bronquiolite e pneumonía en nenos menores de un ano.

Nenos nunha gardaría.. DIP PALENCIA - Arquivo
Nenos nunha gardaría.. DIP PALENCIA - Arquivo

Así o veñen de apuntar dende a empresa farmacéutica Sanofi, que explica que este patóxeno provoca o 80% das  bronquiolitis, unha infección pulmonar "común en bebés e nenos pequenos que causa inflamación e conxestión nos  bronquiolos do pulmón". A maioría dos casos son leves e adoitan solucionarse tras poucas semanas sen tratamento, pero noutros pode agravarse a dificultade respiratoria e requirir hospitalización.

A problemática entronca, precisamente, con que a evolución da enfermidade causada polo VRS é "impredicible", de acordo coas mesmas fontes. "Existen certos factores de vulnerabilidade nalgúns nenos, como nacer prematuramente ou ter enfermidades crónicas, de tipo cardíaco ou respiratorio, que condicionan un maior risco de hospitalización ou de ingreso en unidades de coidados intensivos pediátricas", inciden. Con todo, subliñan este risco tamén se estende a todos os nenos, pois en España o 98,3% dos menores de 1 ano hospitalizados por VRS son lactantes nados en termo e sans; da mesma maneira, 3 de cada 4 ingresos na  UCIP ocorren en nenos sen factores de vulnerabilidade.

“Este virus afecta a nenos completamente sans. Os menores de 6 meses son os que, sobre todo, se poden poñer moi malos e requirir hospitalización, algunhas veces mesmo en coidados intensivos. Adicionalmente, os nenos que teñen cadros serios e que son ingresados teñen despois un maior risco de padecer episodios similares durante os primeiros anos de vida, así como de desenvolver asma a longo prazo”, como explica a Dra. Cristina Calvo, xefa de sección do Servizo de Pediatría, Enfermidades Infecciosas e Tropicais do Hospital Universitario La Paz, de Madrid, e presidenta da Sociedade Española de Infectoloxía Pediátrica ( SEIP) 

O virus, con todo, non deixa de ser común entre os nenos e nestas destas temperás idades polo seu alto factor contaxioso, de forma que circula polas garderías e colexios. "Por iso se estima que o 90% dos nenos serían infectados por VRS durante os dous primeiros anos de vida", inciden dende a farmacéutica. Inciden asemade na importancia de recoñecer o virus, que se transmite por vía aérea e polas superficies: os esbirros, a conxestión nasal e a  otitis poden ser un indicio dun posible caso de VRS

Na actualidade, o único tratamento para a infección leve limítase ao alivio sintomático, á parte  de poder tratarse de forma ambulatoria, mentres que os casos máis graves poden requirir hospitalización. Unha vez hospitalizados, estes nenos poden requirir coidados como osíxeno suplementario, líquidos  intravenosos e/ou requirir ventilación mecánica20,22,23.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta