É algo curioso o interés que desperta sempre todo o relacionado có Bloque. Esta páxina é un bo exemplo, e este tema en particular máis. Mentras que outros temas apenas chegan cuns cantos comentarios, cos temas relacionados directa ou indirectamente có Bloque daría para escribir unha enciclopedia. E sempre rematan metendo o idioma galego por medio.
No tema de Portas, na miña opinión, cada unha das partes dará unha versión distinta e ningunha terá a verdade absoluta. Polo que fago como Rei Salomón: nin para ti nin para mi. Portas quería máis, e Rego, para evitar problemas con él díxolle que non. Ademáis, pregunto, ¿pode ser que a Lei de Igualdade tivera algo que ver? Esta lei entre outras cousas, di que nos 5 primeiros da lista debe haber polo menos 2 mulleres. Iso o mellor, provocou cambios de lugar e iso a Portas non lle pareceu ben. (É unha suposición)
Agora, voume meter con algo que me chama a atención. O bombo que se lle está dando á suposta purga e abandono dunha persoa do bloque do partido. Sen embargo, quero resaltar que o longo e ancho de Galicia, no PP, esta cheo de exemplos de este tema. Cantos partidos "independientes" se formaron con persoas saídas do PP pola porta de atrás?? Así, a bote pronto, en Porriño, Sada, Ponteareas, Baiona, Arteixo, A Coruña, Ferrol....Xente que saíu polas máis diversas razóns do PP. Non recordo, ningún tema que trate desto, e ninguén o menciona. Seguro que non ten tanto "glamour" como cando afecta o Bloque... :D
Vou contigo Jesús: "No, no, lo que pasa es que los nacionalistas son los usualmente los mas interesados en que los niños aprendan gallego como sea y creo que los padres están obligados a impedir que se les pueda causar daño psicológico a sus hijos cuando se propasan en sus métodos. "
Daño psicológico??? Seguro que non eres ti o que ten ese daño??Pero que pensas que se fai nas clases de galego en Galicia?? Que se dan con electroshocks?? Con torturas?? Dende cando as escolas de idiomas son centros de tortura, Jesús?? Non sabía eso.
É un idioma máis. Eu non teño fillos, pero eu querría que o meu fillo saiba galego e español. Ademáis, tódolos expertos din que as persoas que dominan máis dun idioma de pequenos, teñen máis facilidade para aprender outros idiomas por que están acostumados a cambiar de rexistro. Prefiro un fillo trilingüe (galego, español e inglés) que bilingüe.
Estos pais que están armando xaleo co tema do galego, están mutilando culturalmente os seus fillos. Según eles, os seus fillos teñen que ter dereito a poder expresarse como queiran (Pero claro, se non coñecen un dos dous idiomas, como poderán elexir?). Pero iso si, que sexa en español. E escoitei a un deles, que non quería que se ensinara galego por que " Eso provoca que mezclemos palabras y expresiones gallegas en el español (Sic)". Alucinante. Xa non é contra o galego, senón contra o español falado en Galicia. Claro, o español de Andalucía é o español puro....
En fin, estamos en Galicia. Aquí se falan 2 idiomas: Galego é español. A educación ten que darse nos dous idiomas.