Jesús:
eu son de aldea pechada de Ourense e meus pais non me falaron en galego ata os seis anos, moitos nesta páxina poderán pensar o que queiran pero daquel entón non había cultura de conservación do galego, de feito moita xente conseideraba daquela que non se lle debía ensinar o galego aos nenos.
No meu pobo pechado de Ourense a lingua de uso común foi sempre e segue a ser o galego. Pero eu non souben falar galego ata que o din na escola a partir dos seis anos.
E sen embargo a min ninguén me dixo nada, ninguén me criticou e ninguén me acosou.
Din por aí que non hai que ver a palla no ollo alleo, vai mirar o acoso en Retiro ou en Chamartín aos que leven El Pais ben vistoso ou a desconsideración moral que recibiron os primeiros mestres de galego, cando a xente os consideraba unha molestia. Sí, Jesús, antes, ao pouco de implantarse o galego nas escolas, moita xente de pobo creía que os seus fillos non debían aprender galego porque "máis aló de León non serve para nada" e porque "nós falamos mal, os nosos fillos teñen que falar ben", e aínda hoxe hai pais que "a meu fillo pásolle que me suspenda a Ximnasia ou o Galego, pero que non me suspenda Mates ou Lengua".
E por certo, a túa última frase e case mellor que as de Xandokas para os emigrantes:
"Vigilad, pues, qué profesores dan clase a vuestros hijos, procurad conocer su pensamiento político pues suele haber correlación con su comportamiento."
Ou sexa, nacionalista = abusador de nenos. Michael Jackson ha ser do FPG, ¿non sí?