Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2022 | Actualizada ás 14:43
A Xunta incrementou nun 2,5% a contía da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) e das Axudas de Inclusión Social (AIS).
Na actualidade, explica o Goberno autonómico, benefícianse da Risga máis de 7,200 persoas, mentres que ao longo do ano 2021 percibiron unha axuda de inclusión social máis de 3.000 galegos.
Lembran ademais que a Administración galega "blindou" nos orzamentos do ano 2022 estas prestacións para "seguir dándolle unha resposta a todas aquelas persoas que non transitaran ao Ingreso Mínimo Vital (IMV)". En concreto, reservan 44 millóns de euros para a Risga, ampliables en caso de ser necesario, e 4 millóns de euros para as AIS.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.