O Sergas abre expediente á empresa de tratamentos respiratorios denunciada por incumprimentos

Os traballadores denunciaran incumprimentos na contrata e déficit na atención ao paciente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2022 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O Sergas iniciou un expediente de penalidades por incumprimento á empresa que xestiona os tratamentos respiratorios a domicilio nas áreas sanitarias de Vigo, Pontevedra-O Salnés e Santiago-Barbanza, Esteve Teijin, cuxos traballadores denunciaron este xoves incumprimentos na contrata e déficit en persoal e material.

Trátase, segundo explicaron os representantes sindicais en rolda de prensa, dun contrato plurianual para a xestión de tratamentos respiratorios domiciliarios de preto de 40 millóns de euros e que abarca a uns 25.000 pacientes en toda Galicia.

No ano e medio que a compañía leva operando nestas tres áreas sanitarias, segundo apuntou o presidente do comité de empresa, Aarón Sestay, sucedéronse "unha chea de problemas tanto laborais como que afectan os pacientes" e que derivan, denunciou, do incumprimento das condicións do propio prego de contratación por unha oferta "temeraria".

Entre outras cuestións, os representantes sindicais apuntan que os traballadores son menos que os incluídos no prego inicial e que a empresa está a realizar "despedimentos disciplinarios" e "ofrecendo indeminzacións" para que algúns dos seus compañeiros deixen o servizo sen pagar a penalización correspondente.

Paralelamente, indican, a empresa trasladoulles que deben dicirlle aos pacientes que non dispoñen de material de recambio --incrementando o tempo sen renovar repostos--, que deben alongar o período entre tratamentos máis do recomendado ou que "deben desprazarse aos centros" da compañía "co claro obxectivo de aforrar custos".

Neste último punto, subliñan que o servizo do que Esteve Teijin é concesionaria é, precisamente, "a domicilio" e que algúns dos pacientes, con problemas sanitarios, vense obrigados a desprazarse ata 50 quilómetros para recibir as súas terapias e revisións.

"O obxectivo é recortar persoal, recortar gastos e que os pacientes non reciban un servizo de calidade", dixo Aarón Sestay. Pola súa banda, Manuel Rodríguez, representante da CIG, lamentou as condicións laborais nas que deben desempeñar o seu labor os traballadores, con incumprimentos en desprazamentos ou dietas, cambios en condicións laborais "sen previo aviso" e un alto nivel de "tensión".

Tamén explicou que "non se cumpren os pregos" en frota de vehículos ou persoal. En concreto, o prego para a área de Santiago recolle 48 traballadores, dos que hai operativos 24, mentres que en Pontevedra e Vigo debería de haber 88, e hai 53, aseguraron. Os traballadores convocaron folga para os días 14 e 21.

Arquivo - Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo
Arquivo - Persoal do Sergas.. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta