O uso de aplicacións de citas no rural aumenta un 198% entre os maiores de 60 durante a pandemia

O informe elaborado por Eurona advirte ademais que a fenda dixital existe tamén nestes asuntos, pois os habitantes de xonas rurais son un 31% menos proclives a utilizar estas apps que o resto da poboación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Aínda que o desigual acceso a Internet nas zonas rurais leva á súa poboación a ir un paso por detrás nas principais tendencias de consumo da internet, para "atopar o amor" mesmo os máis veteranos recorren xa ás aplicacións de citas. E é que, segundo os datos de Eurona e a consultora Kantar, o uso das aplicacións de citas medrou un 198% entre os maiores de 60 anos durante a pandemia. Así o reflicte o informe 'Cómo la España Vaciada llena su tiempo en internet', publicado co gallo da celebración do Día de San Valentín.

Un home e unha muller maiores, sentados nun banco e con máscara contra a covid-19, nun parque
Un home e unha muller maiores, sentados nun banco e con máscara contra a covid-19, nun parque | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Algo que "non é de estrañar" segundo Eurona, pois dacordo a un estudo elaborado por SEMrush a partir do tráfico e visitas xeradas ás principais webs e aplicacións de citas máis utilizadas, o Estado sitúase no terceiro posto mundial en canto a usuarios deste tipo de apps, só por detrás de Estados Unidos e Brasil. Con todo, trasladan dende entidade, a fenda dixital "tamén se deixa ver nas cuestións relativas ao amor". Porque segundo estes datos publicados por Eurona, aínda que o 8,5% da poboación rural utiliza as aplicacións de citas, aínda son un 31% menos proclives a facelo que no resto do país, onde xa as utilizan máis dun 12% dos seus habitantes.

Entre as aplicacións de citas máis populares para a poboación rural sitúanse Tinder e Badoo. Porén, destacan dende Eurona que a fenda entre conectados e non conectados volve aparecer cando se comparan os datos, pois os habitantes do medio rural accederon un 15% menos a Tinder e un 38% menos a Badoo que a media española en 2020.

"Esta é só unha mostra máis das desigualdades que xorden en torno ao acceso a Internet de alta velocidade entre o mundo rural", inciden no informe, pois no rural,  aínda que aumenta un 1,6% a poboación que accede a Internet, case a cuarta parte (un 21,7%) dos habitantes dos municipios de menos de 5.000 habitantes non tiña acceso a Internet cando lles sorprendeu a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta