A Xunta abre matrículas para os exames do mar este luns 14

Xa hai data para as probas comúns de carácter libre no tocante ás titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2022 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar abre este luns o prazo de matrícula para os exames comúns de carácter libre para as titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca e patrón costeiro polivalente. O prazo de matriculación permanecerá aberto ata o 14 de marzo e as probas, de carácter teórico e práctico, realizaranse no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, en Vigo, na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e na Escola Oficial Náutico- Pesqueira de Ribeira.

Segundo explican nun comunicado, a convocatoria e demais documentación necesaria para concorrer a estas probas está publicada na web da Consellería. Para mariñeiro pescador, o exame teórico-práctico será o día 25 de abril no tres centros formativos dependentes da Xunta. O mesmo ocorre no caso das titulacións de patrón local de pesca (sección máquinas), o próximo 26 de abril, e no caso das de patrón local de pesca (sección ponte e común), coa celebración do exame o 27 de abril.

Por último, as probas para a titulación de patrón costeiro polivalente (sección máquinas) serán o 28 e 29 de abril e as de patrón costeiro polivalente (sección ponte) terán lugar o 2 e o 3 de maio. Os interesados en participar nas probas terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da Orde do DOG e cumprir as condicións de acceso establecidas para as distintas titulacións. O modelo de solicitude está dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos.

Barco, buque. SATLINK - Arquivo
Barco, buque. SATLINK - Arquivo

SOLICITUDES

As solicitudes deberán presentarse, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con todo, especifican que opcionalmente tamén poderán tramitarse de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa ou formalizarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os aspirantes.

Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición, farase pública a listaxe provisional dos aspirantes admitidos e excluídos na páxina web da Consellería e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de dez días hábiles para que os excluídos poidan emendar as deficiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta