A Xunta e a ONG ACCEM atenderon a 65 vítimas de trata de mulleres durante a pandemia

Foron 25 na Coruña, outras 25 en Vigo e Tui, 10 en Lugo e cinco no Carballiño.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A cooperación entre Xunta e a ONG ACCEM permitiu atender 65 mulleres vítimas de trata durante a pandemia, concretamente 25 na Coruña, outras 25 en Vigo e Tui, 10 en Lugo e cinco no Carballiño.

Prostíbulo, prostitución
Prostíbulo, prostitución | Fonte: taringa.net

A conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, e o responsable adxunto territorial de ACCEM, Daniel Bóveda, avaliaron en Santiago as iniciativas deste colectivo, a través das cales ofrecen ás mulleres un acompañamento especializado.

Entre estas actuacións, destaca o convenio asinado o pasado ano con nove entidades -cada unha recibiu 7.000 euros- que conforman a Rede Galega contra a Trata, entre elas ACCEM, para loitar contra esta secuela social e reforzar a atención durante a pandemia de covid-19.

Este convenio de colaboración entre a Xunta e a organización desenvólvese no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e ten como obxectivo cubrir as necesidades básicas e puntuais das vítimas, agravadas pola pandemia. En concreto, ofréceselles, en casos de urxente desamparo, un apoio de emerxencia en materia de aloxamento, alimentación, hixiénico-sanitaria, de transporte ou de telecomunicacións.

Ademais, a Xunta asinou con ACCEM outro convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións de información, prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero a mulleres inmigrantes residentes en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta