Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 20:37
María do Pilar Sierra Lázaro, nai de Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios da Xunta e unha das persoas con máis peso no gabinete de Alberto Núñez Feijóo, faleceu este mércores na Coruña, onde residía desde hai anos.
Os seus restos mortais permanecen no Tanatorio Servisa A Coruña desde a tarde deste mércores. Este xoves ás 16,30 horas celebrarase unha misa no tanatorio e está previsto un funeral na Igrexa de Santa Lucía o vindeiro venres nunha hora aínda por concretar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.