Xa podes votar pola Mellor Canción do Ano en Galicia e Portugal

Os premios aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesas abren o prazo de votación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/02/2022 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O xurado do certame aRi[t]mar ven de anunciar a escolla final de 10 cancións galegas e 10 cancións portuguesas que agora aspiran a ser escollidas polo público como Mellor Música do Ano na Galiza e Mellor Música do Ano en Portugal. As votacións inicianse este martes 22 de febrero ás 16.00 horas. Poderase efectuar o voto na páxina web de aRi[t]mar e nas ligazóns partilladas nas redes sociais do certame. O proceso de votación ficará aberto até o día 20 de marzo.

Guadi Galego. AGADIC - Arquivo
Guadi Galego. AGADIC - Arquivo

As 10 cancións finalistas na categoría de Mellor Música do 2021 en Galicia son: Luar (Baiuca feat. Lilaina), O Samil é Portugal (Os Vacalouras mais Quim Barreiros), Maneo de Caión (Sheila Patricia), Maneo de Cambre (Caamaño&Ameixeiras feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz), Casa deshabitada (Moel feat. Guadi Galego), Emerxencia: Freixo (Davide Salvado e Abe Rábade), Pobo de artistas (Dakidarría ft. Tanxugueiras e O Rabelo), Outras Lérias (Ukestra do Medio), Somos a pedra (Os d'Abaixo) e Peixe (Xisco Feijoó).

As 10 cancións finalistas na categoría de Mellor Música do 2021 en Portugal son: Areia Fina (Tiago Nacarato & Fran), Estou por Tudo (Miguel Araújo c/ Cláudia Pascoal), Andorinhas (Ana Moura), Este Meu Jeito (Elisa), Cidade (Bárbara Tinoco x Bárbara Bandeira), Mãe (Mariza), Eco (Carolina Deslandes), Sou Como Sou (Ana Bacalhau), Ready [Mulher Batida] (Orelha Negra com A Garota Não) e Purga (Rita Vian).

aRi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, pertencente à Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesa actuais e achegar a cultura e a lingua dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta