Por Galicia Confidencial | Cambados | 25/02/2022 | Actualizada ás 13:33
Con motivo do Día Europeo da Igualdade Salarial, Bodegas Martín Códax participou nun acto organizado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia celebrado en Santiago de Compostela, distinguida como modelo empresarial en materia de igualdade nun foro onde se compartiron experiencias e boas prácticas dentro das organizacións.
Neste sentido, Bodegas Martín Códax deu grandes pasos desde a súa fundación en 1985 nun ámbito tradicionalmente percibido como moi masculinizado, converténdose hoxe en día nun referente en materia de igualdade dentro do sector vitivinícola.
Durante o acto, púxose en relevo o cumprimento por parte da empresa do principio de “a igual traballo igual salario”; ademais da xornada flexible, a redución de xornada e o teletraballo como medidas implantadas dentro do Plan de Igualdade no seo da empresa.
Estes principios están orientados a facilitar a conciliación nun persoal na que actualmente o 34% ten fillos menores de 12 anos e está conformada por un 46% de homes e un 54% de mulleres respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.