CC.OO. denuncia o rexeitamento "masivo" dos traballadores da conserva ao convenio de UGT e CIG

Asegura que en comarcas como o Barbanza a resposta negativa foi do 99%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2022 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Comisións Obreiras denunciou o "rexeitamento masivo" que os traballadores da conserva están a mostrar ao novo convenio colectivo acordado entre UGT e CIG coa patronal. Nun comunicado, a sección de Industria de CC.OO. informou das votacións realizadas nos últimos días nas principais empresas do sector durante as asembleas organizadas polo propio sindicato.

Así, constatan un "rexeitamento masivo" por parte dos traballadores que participaron nas votacións, abertas a todos os empregados que quixesen, non só a persoas afiliadas a CC.OO. "Na comarca do Barbanza exerceron o dereito a voto case 800 persoas, a cuarta parte do total, cun resultado de máis do 99% contra o acordo. En grandes empresas situadas noutras comarcas, o resultado foi similar", reivindicou a organización sindical.

CC.OO., que seguirá realizando votacións noutros centros de traballo, reafírmase nas súas "liñas vermellas" para defender a equiparación salarial entre mulleres e homes, "que non se vai a poder lograr xamais co texto pactado por UGT e CIG", e o rexeitamento á cuarta quenda, "un instrumento introducido pola patronal no preacordo do convenio para empeorar as condicións laborais".

Traballadoras da conserveira Calvo
Traballadoras da conserveira Calvo | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta