Os Premios 8 e 10 de Marzo da CIG van para o persoal da UCI do CHUS e a traballadores de IKF da Guarda

Tal como indicou a organización sindical nun comunicado, con estes recoñecementos pretende visibilizar o valor da mobilización para o avance dos dereitos e para a mellora das condicións de vida dos traballadores.

Por E.P. | VIGO | 04/03/2022 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

A CIG acordou outorgar este ano o Premio 8 de Mazo á loita desenvolvida polo persoal da UCI de persoas adultas do Hospital Clínico de Santiago, mentres que o premio 10 de Marzo foi a parar ao conflito do persoal da fábrica IKF da Guarda.

Tal como indicou a organización sindical nun comunicado, con estes recoñecementos pretende visibilizar o valor da mobilización para o avance dos dereitos e para a mellora das condicións de vida dos traballadores.

Segundo o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, para a central sindical o 8 e o 10 de marzo son datas "dun forte contido reivindicativo" e 50 anos despois das loitas obreiras do 1972 "son moitos os motivos e as razóns para que así sexa".

"Máis que nunca, reivindicamos as orixes de onde vimos, co orgullo de formar parte dunha historia colectiva e dunha tradición sindical de loita, que grazas á coherencia que ao longo destes anos mantivemos levounos a ser o que somos, a primeira forza sindical en representación, afiliación e iniciativa social en Galicia", reivindicou Carril.

El mesmo foi o encargado de entregar o Premio 10 de Marzo, que recoñeceu a loita dos traballadores da fábrica IKF que realizaron 76 xornadas de folga en rexeitamento á dobre escala salarial que a empresa pretendía prolongar no tempo.

Pola súa banda, a secretaria confederal das Mulleres, Nicolasa Castro, entregou o Premio 8 de Marzo á loita do persoal da UCI do Clínico de Santiago, despois de que durante case cinco meses o persoal, formado maioritariamente por mulleres, leva adiante unha folga indefinida e ducias de mobilizacións que obrigou ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a asinar un acordo de melloras nas infraestruturas, de formación e para o funcionamento da unidade.

CIG outorga os Premios 8 e 10 de Marzo ao persoal da UCI do Clínico de Santiago e a traballadores de IKF da Guarda.. CIG
CIG outorga os Premios 8 e 10 de Marzo ao persoal da UCI do Clínico de Santiago e a traballadores de IKF da Guarda.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta