Galicia abandona o rastrexo dos contactos estreitos de positivos que facía unha empresa privada

Só manterá a busca nas áreas de hospitalización, residencias de maiores e discapacitados, centros de día e de diálese, e cárceres, considerados "ámbitos vulnerables".

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 07/03/2022 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Galicia deixará este luns, 7 de marzo, de rastrexar os contactos estreitos dos casos positivos de Covid-19, en virtude do acordo alcanzado entre as comunidades e o Ministerio de Sanidade, salvo en "ámbitos vulnerables", entre os que se inclúen as áreas de hospitalización, residencias de maiores e discapacitados, centros de día e de diálese, ademais de cárceres.

Así o explicaron este venres en rolda de prensa o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, quen ratificaron que desde o 7 de marzo non se rastrexarán os contactos estreitos dos casos positivos de Covid da poboación xeral.

"Tras dous anos case de pandemia a volta á normalidade empeza a ser unha realidade", afirmou o titular de Sanidade, quen apelou a "facelo con sentidiño", co uso da máscara e outras medidas que "salvaron vidas". Ademais, agradeceu o traballo dos profesionais sanitarios que fixeron "posible esta situación". No entanto, indicou que "preocupan" secuelas, en especial no ámbito da saúde mental.

Rastrexadores ou rastreadores
Rastrexadores ou rastreadores | Fonte: EP

A decisión da Xunta, se ben está motiva pola decisión do Goberno central, deixa así atrás o contrato de 14 millóns polos que Sanidade adxudicou o rastrexo á empresa Extel, un acordo polo que esta debía prestar un ano de servizo pero que, coa cambio de rumbo do Goberno, quedou en apenas tres meses. Nas primeiras semanas sucedéronse as críticas á empresa pola deficiencia do servizo desenvolto, con chamadas que non se repetían e PCRs que nunca chegaban a porto. Como xa publicou o GC, a empresa comezou a prestar servizo a toda a poboación galega con só 10 persoas. A CIG calculou que con ese mesmo orzamento se poderían ter contratado miles de sanitarios do sistema público galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta