Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2022 | Actualizada ás 20:45
A asemblea de traballadores da empresa siderurxia Megasa, asentada en Xuvia, Narón, decidiron paralizar durante 18 días a sección de fundición, debido ao alto custo enerxético, e recuperar posteriormente estas xornadas tanto nos días a librar como nunha semana de vacacións.
Así o trasladou en declaracións a Europa Press o presidente do comité de empresa, Carlos Bascoy (UGT), ao termo da asemblea desenvolvida desde as 18,00 horas deste mércores, 9 de marzo. Así, a medida deberá de ser comunicada á dirección da firma nun encontro que manterá co comité.
Esta decisión recolle a paralización da sección de fundición, no forno de fusión, que afectaría uns 50 traballadores, entre o 14 e 31 de marzo e "a cambio habería que recuperar estes días das vacacións de verán, na primeira semana de xullo, e unha serie de cambios no descanso que hai entre ciclos de traballo".
Con esta medida evítase "a aplicación dun Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que afectaría a todo o persoal", composta a día de hoxe por uns 150 operarios.
LAMINACIÓN
Por outra banda, a proposta aprobada non afectaría á sección de laminación, "cuxos traballadores continuarán traballando con normalidade, xa que aquí o problema tense co forno de fusión, que ten un gran consumo e é o que funde a chatarra para convertela en aceiro".
Por último, o representante do comité de empresa detallou que isto é "un parche, coa esperanza de que a situación poida un pouco reconducirse", en alusión ao prezo da electricidade, "e poder traballar con normalidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.