GC Aberto

Guerra, Pandemia, crises... Sempre perdemos os mesmos

Por admin | GC ABERTO | 11/03/2022

Comparte esta noticia

As sancións económicas que Europa lle vai impoñer a Rusia van reventar as economías dos cidadáns europeos. 

Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia
Unha muller camiña diante duns coches queimados nunha ponte de Irpin, a 7 de marzo de 2022, en Ucraína. O exército de Ucraína resiste polo momento o duro asedio de Rusia | Fonte: Diego Herrera - Europa Press.

Habrá oligarquías que en tempos de crise se enriquezan ainda máis, pero sin dúbida os pobos de Europa serán máis pobres.

A UE aplica medidas de bloqueo económico a Rusia, unhas medidas que non serven para nada á hora de parar a guerra na Ucraína. Pero que afectan dramáticamente a economía dos cidadáns europeos e van empobrecernos a todos, menos a uns poucos que se farán aínda máis ricos.

Borrell e os seus compinches na UE non defenden os intereses dos cidadáns europeos, ao adoptar medidas de bloqueo a Rusia que son un tiro no pé para a economía dos pobos da UE, medidas contra Rusia que non serven para parar a guerra en Ucrania. A quen serven?

A UE envía armas a Ucraína para tratar que a guerra sexa longa e cruenta posíbel, que o conflicto se enquiste, a sabendas de que a Ucraína non pode gañar a guerra e que o bloqueo económico afectará dramaticamente os cidadáns europeos. Borrell pídenos que apaguemos a luz.

Namentres denuncian censura en Rusia; Borrell anuncia un “mecanismo para sancionar actores nocivos que desinforman” na UE.

O xefe de diplomacia no Parlamento Europeo:  "Ten que haber algunha garantía para que a información non sexa un elemento que contamine as mentes".

A prensa utiliza titulares tendenciosos e toma partido namentras fomenta a rusofobia.

Entre os ucraínos a opinión sobre a invasión non é tan unánime como nos venden. A realidade é máis complexa que un enfrontamento entre bos e malos. A verdade non importa, o que importa é o relato.

A propaganda usa os chamados "Verificadores de información independentes": dise daqueles que deciden que noticias son falsas e cales non segundo os intereses da empresa que lles paga.

Antigamente xa existían pero formaban parte da censura do Estado.

A primeira victima da guerra é a verdade e na guerra a información máis que nunca é propaganda. 

André Abeledo Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

O que non nos di André Abeledo Fernández é cal a " auténtica" verdade sobre a invasión. Di que a versión " oficial" non é real, pero non nos di cal é, según él, a verdadeira. Home, así escribe calquera.