Morre un mozo de 22 anos atrapado por unha máquina nunha empresa de aluminio en Padrón

Aconteceu en Aluminios Cortizo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2022 | Actualizada ás 10:05

Comparte esta noticia

Un mozo traballador de 22 anos de idade faleceu na madrugada deste mércores nun accidente laboral rexistrado ao quedar atrapado por unha máquina na empresa Aluminios Cortizo no termo municipal de Padrón.

Segundo informaron fontes da Garda Civil a Europa Press, o accidente laboral tivo lugar sobre as 3,50 horas deste mércores na empresa Cortizo, ao quedar atrapado por unha máquina este traballador, que morreu "por esmagamento".

Ademais da Garda Civil, foron mobilizados efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Padrón, da Policía Local, apuntou o 112 Galicia. Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, outra de soporte vital básico e persoal da PAC de Padrón para atender ao home E.D.C., de 22 anos, que, a pesar dos esforzos do equipo sanitario, faleceu no punto.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta