Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 11:54
A Xunta inxectará "de forma extraordinaria" máis de 3,5 millóns de euros para blindar o transporte público por estrada en Galicia "fronte á subida exponencial do prezo dos carburantes". Anunciouno a conselleira de Infraestruturas e Movilidade, Ethel Vázquez, este domingo nunha entrevista na Radio Galega, onde asegurou que a Xunta "non está de brazos cruzados" e que, "alí onde ten marxe legal para actuar, como no caso do transporte público interurbano de viaxeiros, de responsabilidade autonómica, actúa".
A decidida intervención da Xunta resulta rechamante nun momento en que aínda zoan por San Caetano os ecos da protesta do pasado 16 de marzo. Multitude de pequenas empresas do transporte público galego criticaron o trato de favor que, segundo explicaron, está a recibir Monbus de parte da administración económica. Queda por ver, pois, cal será o reparto das axudas apuntadas pola Xunta.
Pero a medida resulta tamén dobremente polémica ante as denuncias reiteradas de parte de Anpas do rural para que a Xunta mellore os servizos públicos de transporte escolar. A derradeira petición produciuse poucas xornadas atrás. Fapacel denunciou entón que os recortes no transporte público estaba a marxinar o alumnado no rural en tanto que lles dificultaba o acceso aos centros escolares e incitaba a mudarse.
En calquera caso, Ethel Vázquez explicou que o Goberno galego adopta esta medida para garantir a prestación do servizo público esencial de transporte público aos usuarios e para "dar certezas a un sector que emprega a miles de traballadores". "O transporte público é a chave que garante a miles de persoas cada día o acceso á sanidade e a educación públicas, así como aos seus centros de traballo, cunha especial incidencia no mundo rural e, por tanto, a Xunta ten que adoptar medidas para evitar que ese servizo esencial á cidadanía póñase en risco", remarcou a responsable autonómica.
A conselleira lembrou ademais que o sector do transporte público de viaxeiros por estrada é un sector "dobremente golpeado", xa que aínda arrastra as consecuencias da pandemia, ao non recuperar a cifra de usuarios previas á crise da covid-19.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.