Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 12:10
O Instituto Tecnolóxico para o Control de Medio Mariño de Galicia (Intecmar) retomou esta semana as visitas guiadas ao centro despois de dous anos de parón pola crise sanitaria provocada polo Covid-19. O instituto, que depende da Consellería do Mar e está en Vilagarcía de Arousa, tivo a primeira visita esta semana dun grupo de alumnos do Centro de Estudos Superiores Aloya de Vigo.
Durante a súa estancia os visitantes puideron coñecer os labores que leva a cabo Intecmar en materia de seguimento, control e investigación de calidade ambiental das augas costeiras de Galicia. Por parte dos responsables das instalacións, fíxose fincapé nas condicións oceanográficas, fitoplancto, biotoxinas mariñas, microbioloxía, patoloxía de moluscos, contaminación química, oceanografía operacional e loita contra a contaminación mariña occidental.
Nos próximos días haberá máis guías, como é o caso do centro de formación Aloya ou os integrantes da Sociedade Atlántica de Maricultura de Francia. Na última década Intecmar suma xa máis de 130 visitas nas que participaron máis de 1.300 persoas de 27 paísesdistintos. A Xunta define Intecmar como un centro "punteiro e referente a nivel mundial" nos seus distintos ámbitos. Ao ano, realiza máis de 80.000 análises para "garantir a calidade e salubridade dos produtos do mar galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.