Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 13:21
O sector audiovisual galego fai acto de presenza na 25 edición do Festival de Málaga con nove títulos e, nun mercado paralelo con profesional acreditado da industria, cun expositor que conta co apoio da Xunta. O festival celebrarase ata o 27 de marzo en varios espazos da cidade andaluza e, neles, proxectaranse as películas galegas que, en total, recibiron unhas subvencións de case 700.000 euros do Goberno da comunidade.
O certame inaugurouse coa estrea da longametraxe galega 'Código Emperador', protagonizado por Luís Tosar e dirixido por Jorge Coira, que este sábado recibiu o Premio Mestre Mateo a mellor dirección. Á estrea da película asistiu o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, a modo de representación do Goberno galego, xa que a película recibiu unha subvención de 400.000 euros.
A serie 'Rapa' presentarase tamén o martes 22 na sección Pantalla TV coa proxección do primeiro episodio. Trátase dunha ficción rodada integramente na Serra da Capelada na comarca de Ferrolterra. É un proxecto de Portocabo para Movistar+ que recibiu 300.000 euros do fondo de captación de rodaxes do Hub audiovisual da Xunta.
Ademais destes dous títulos, atópase tamén a curtametraxe 'Rompente', de Zeitun Films; os documentais 'Welcome to ma Maison', de Gaitafilmes, e 'Onde áis doe' de Xamalú Filmes; a longametraxe 'Cando toco un animal', da cooperativa Sétima; 'Memoria'; 'Sycorax';e 'O sembrador de estrelas'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.