Atopan un cadáver á beira do río Barcés, en Carral

O corpo foi achado por un pescador, que deu a voz de alarma. Investíganse as circunstancias do suceso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 15:44

Comparte esta noticia

Un corpo foi localizado na mañá deste domingo nunha zona de difícil acceso do río Barcés, no municipio coruñés de Carral. Segundo informou o 112, foi o 061 o que comunicou ao servizo, ao redor das 11,00 horas, que unha ambulancia se desprazaba ao lugar, posto que un pescador localizara un corpo no río.

O 112 puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil, que confirmou xa alí que o cadáver se atopaba nunha zona de difícil acceso, polo que solicitaron medios para o seu rescate. Os bombeiros de Ordes desprazáronse ata o lugar, así como efectivos de Protección Civil da localidade. Ademais, ao tratarse dun lugar limítrofe entre as localidades de Carral e Cerceda, tamén foron informados os Bombeiros de Arteixo. Os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos e, segundo indica, os corpos de seguridade tratan de esclarecer as causas do ocorrido.

O río Barcés
O río Barcés | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta