Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/03/2022 | Actualizada ás 17:57
O xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra ditou auto desestimando a solicitude da Fundación 'Abogados Cristianos' de paralizar de forma cautelar e urxente os traballos de retirada dunha cruz falanxista na igrexa de Santa Eulalia, en Vilagarcía de Arousa.
Na súa resolución, a xuíza indica que esta fundación carece de lexitimidade para solicitar esta medida, porque "nin é titular do dereito á liberdade relixiosa nin invoca ou acredita un dereito de acción pública urbanística para poder interesar nada en relación coas decisións que afectan o patrimonio da igrexa".
Ademais, tras lembrar que hai un acordo co arcebispado de Santiago e o visto e prace de Patrimonio da Xunta para esa retirada, sinala que a recorrente non acreditou "a existencia dos danos irreparables aos que fai referencia, pois non debe de esquecerse que a cruz se atopa na fachada da igrexa, a cal pertence ao patrimonio eclesiástico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.