A Xunta de Ordenación do Territorio e Urbanismo "centralizará e axilizará" os trámites para permisos e licenzas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia pon en marcha a Xunta Consultiva de Ordenación do Territorio e Urbanismo, entidade que "centralizará e divulgará todas as consultas" sobre este ámbito que trasladen á Administración autonómica todas as entidades e organismos, á vez que "axilizará" os diferentes expedientes administrativos necesarios para obter un permiso, autorización ou licenza.

A creación e regulación do organismo aparece xa recollida no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste mércores, tras anunciarse o pasado xoves. Entrará en vigor no prazo dun mes. Segundo explicou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, este órgano substituirá á actual Comisión Superior de Urbanismo de Galicia, "co fin de facilitar aos distintos operadores técnicos e xurídicos que traballan neste ámbito o desenvolvemento das súas funcións.

A Xunta consultiva tamén terá funcións de asesoramento e emisión de ditames sobre a aplicación e interpretación da normativa sectorial vixente, "podendo ser consultada a este respecto tanto pola propia administración autonómica e organismos dependentes, como por entidades locais, colexios profesionais e organizacións empresariais de sectores afectados polo urbanismo e a ordenación territorial".

Entre as razóns que aduciu a Xunta para a creación deste organismo están a "complexidade" da materia, a "crecente" demanda por parte das administracións públicas e colectivos profesionais dun órgano específico para prestar asesoramento e tutela á hora de interpretar e aplicar a normativa vixente en materia de urbanismo, así como a entrada en vigor da Lei de Ordenación do territorio.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, ofrecen unha  rolda de prensa para informar sobre a situación dous sistemas de abastecemento na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.. CONCHI PAZ
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, ofrecen unha rolda de prensa para informar sobre a situación dous sistemas de abastecemento na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.. CONCHI PAZ | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta