O Concello de Santiago garante que o prezo dos comedores escolares non subirá o próximo curso

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/03/2022 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O concelleiro de Mocidade de Santiago de Compostela, Rubén Prol, asegurou este xoves que o próximo curso manterase o prezo dos comedores escolares. Prol expresou que nos últimos días hai "bastantes novas que non son correctas" e por iso quixo deixar claro que non é verdade que se vaia subir o prezo do menú escolar.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: Arquivo - EP

O concelleiro explicou que o Concello está a facer unha preparación "moi intensa" para mitigar os efectos da inflación no menú escolar, así como os cambios no convenio colectivo e da reforma laboral, que vai afectar en materia de regulación e organización do traballo.

En canto a por que se optou por catering no canto de por cociña, como pedían algunhas familias, o concelleiro explicou que é por criterios técnicos e económicos.

Prol expresou que a decisión se debe ás necesidades de orde, control, ordenación e coordinación, "que é o máis complicado", e tamén porque "o problema non é o servizo de comidas, o problema é o servizo de monitores".

Prol puxo o foco no servizo de comedor debe propiciar "a conciliación" e restou transcendencia ao tipo de elaboración da comida que se serve neles.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta