Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/03/2022 | Actualizada ás 16:52
A incidencia da tuberculose descendeu de "forma progresiva e constante" desde o ano 1996 en Galicia, cunha redución dun 80 por cento no número de casos novos. Así o informou a Consellería de Sanidade con motivo do acto de presentación dos resultados dos 25 anos do Programa Galego de Prevención e Control da Tuberculose.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, clausurou por videoconferencia o acto celebrado con motivo do día mundial desta enfermidade. Sanidade destaca que os datos mostran que, desde a posta en marcha do programa galego de prevención e control da tuberculose en 1996, a incidencia desta enfermidade descendeu "de forma progresiva e constante, cunha redución dun 80 por cento no número de casos novos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.