Por Paula Daza | Santiago de Compostela | 25/03/2022 | Actualizada ás 21:00
A noite do sábado 26 de marzo ao domingo 27 de marzo terá lugar en España o paso ao horario de verán. Este cambio de hora fai que ás dúas da mañá sexan as tres, co que se gañará unha hora de luz.
Ademais, o cambio horario volve espertar polémica, sobre todo en Galicia pola súa posición xeográfica. Porén, aínda que adaptar o horario á luz solar é beneficioso para o planeta, non o é para as persoas A comisión nacional para a racionalización dos horarios sostén que non se debe modificar o horario polas súas repercusións na saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.