Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2022 | Actualizada ás 14:00
Santiago de Compostela acolleu o xoves 31 de marzo unha concentración en apoio ao Donbass e á Ucraína antifascista" na Praza do Toural. Segundo destacan dende a organización da mesma, o Comité Galego de Apoio ao Donbass, á cita acudiron máis de medio cento de persoas, cunha "presencia plural de militantes demócratas, revolucionarios e antiimperialistas".
Baixo cánticos como “No Donbass, fascismo nunca máis”, “Desnazificar Ucraína xa” ou
“Galiza co Donbass, nin un paso atrás” a concentración, aseguran as mesmas fontes, "supuxo un forte contrapunto ao relato asumido pola meirande parte das forzas políticas galegas". No manifesto, lido por Francisco Sebio, as persoas reunidas deixaron claro que non eran “neutrais nin exercemos a falsa equidistancia. Tampouco “inxenuos e funcionais pacifistas que reforzan a narrativa imperialista”.
Para os alí concentrados, a guerra ruso-ucraína consiste "nunha confrontación
estratéxica entre a barbarie imperialista e os pobos que non se queren deixar esmagar". De aí que os manifestantes se simpatizantes “con quen combate con firmeza e determinación á besta nazifascista”, que neste caso viría ser Rusia, en apuntamento directo ao coñecido como batallón Azov, entre outros
Para o Comité Galego de Apoio ao Donbass, a concentración é "apenas un paso máis na loita contra o imperialismo europeo e norteamericano". O Comité sinala sinala que "cada vez son máis os militantes revolucionarios de diversas procedencias os que están a poñerse en contacto para sumarse á loita". Entre os seus obxectivos a futuro --pois pretenden lanzar máis convocatorias-- pasarán por denunciar a "complicidade" do Estado español, a UE e a
OTAN na "barbarie que está a perpetrar Zelenski e os seus aliados seguidores de Stepan
Bandera", histórico colaboracionista dos nazis reivindicado por parte do nacionalismo ucraíno.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.