Temas: SIDRA

Este sábado celébrase a III Feira da Sidra da Estrada

Constitúe a maior cita desta bebida en Galicia. Asistirán sidreiros de Galicia, Euskadi, Cantabria, Asturias e Bretaña.

Por GCAgro | A Estrada | 13/06/2014 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Este sábado pola mañá celébrase na praza do Concello da Estrada a terceira edición da Feira da Sidra, que constitúe a maior cita de Galicia desta bebida. Organizada pola Asociación Maceira e Sidra, a esta edición acudirán produtores de sidra de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Bretaña. 

En total, 12 lagares profesionais, ademais de entre 12 e 15 produtores caseiros que competirán polo Grolo de Ouro. 

Os asistentes pagarán 4 euros por vaso que se poderán levar para a casa e no que poderán degustar todas as sidras que queiran.

Sidra
Sidra | Fonte: GC

Escanciando sidra
Escanciando sidra | Fonte: GC
Temas: SIDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta